Tarde de solidariedade en “Galicia Viva” coa Taponeta, un mercedes que recolle a colaboración dos galegos

0
12

Santiago, 12.01.2018.-  “Galicia Viva” (19.05 h.) acompañará en directo á Taponeta, un mercedes do ano 1979, que percorre Galicia recollendo a solidariedade dos galegos e sobre todo axudando aos nenos galegos.

O espazo cociñará no restaurante grovense Culler de Pau. Ademais de elaborar algunha receita no establecemento, os espectadores da TVG coñecerán o mellor xefe de sala.  Por último, desde Lugo, daranse a coñecer as creacións de Vladimir Alvaröff, un artista que transforma materiais de reciclaxe en lámpadas.

Fuente: TVG

Compartir