Terceiro e decisivo partido de play off do COB Ourense para coarse na 'final four' polo ascenso á ACB, na CRTVG

0
6

Santiago, 15.05.2019.-  Os medios públicos galegos continuarán este xoves ofrecendo, en directo, a fase de play off que está disputando o Río Ourense Termal fronte ao Liberbank Oviedo Baloncesto. A tvG2 e a web da CRTVG transmitirán este novo choque, ás 20.00 horas, desde o Pazo dos Deportes Paco Paz.

Tras gañar as dúas citas anteriores no pavillón de Pumarín, os ourensáns están a unha soa vitoria de coarse na ‘final four’ polo ascenso á ACB, a prezada máxima categoría do baloncesto español.

O torneo da ‘final four’, que concederá a segunda praza de ascenso á Liga Endesa, disputarase os días 1 e 2 de xuño en Bilbao entre os catro gañadores dos cuartos de final que se están xogando ao mellor de cinco partidos. O primeiro ascenso foi para o Real Betis Energía Plus, gañador da Liga Regular da LEB Ouro.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here