Tomás presenta a súa dimisión no cuartel de "Serramoura" polo caso da Sobreira

0
12

Santiago, 13.01.2019.-    O crime da Sobreira cobrou unha nova vítima en “Serramoura”: Tomás presentou a súa dimisión para salvar o prestixio do cuartel, polo que Marga e Roi teñen que facer fronte a unha situación excepcional: resolver o caso e conseguir que Tomás recupere o seu posto.

Por se isto non fose suficiente traballo, o caso da intoxicación complícase por momentos. Hai probas de que alguén entrou na depuradora de Serramoura e iso non pode significar nada bo.

Mentres tanto, Daniel e Aurora seguen a voltas coa busca dunha casa onde vivir en Serramoura. A pesar da hospitalidade do seu xefe, Daniel quere marchar canto antes, pero Evaristo está facendo todo o posible por evitalo e así conseguir que Aurora caia nos seus brazos.

Pola súa parte, Santos está a punto de conseguir o seu obxectivo e facer que Pancho perda o apoio da súa banda criminal. Pero co que non contaba é con que Pancho tivese un plan para defenderse. Quen gañará a guerra?

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here