Tres novos concursantes, procedentes de Xermade, Ourense e Lugo, intentarán obter a mellor puntuación en “Feirantes” para ser o polbeiro do ano

0
32

Santiago, 11.08.2017.- A TVG ofrecerá este venres a segunda edición desta temporada de “Feirantes” (22.05 h.), programa presentado por Marta Doviro en que se buscará o/a mellor polbeira/o do ano e que esta noite contará coa presenza dos coachs Mercedes Rodríguez, de Pulpería Neira; Amador Porta, de Polbería Porta da Estrada, e Paco Gómez, de Pulpería Á Feira.

Neste segundo programa, os concursantes serán Mariluz, de Xermade; Noel, de Ourense, e Sonia, de Lugo. Unha vez rematada a preparación do seu prato de polbo, obterán a valoración do xurado, que lles irá dando a súa puntuación e esta subirá á clasificación que se repasará cada semana. Os tres intentarán obter unha boa puntuación para ter posibilidades de estar na final “Feirantes” 2017.

Outra novidade desta temporada é que se visitarán diferentes feiras de Galicia para coñecer de preto como se vive a feira desde a mañá cedo, comezando polo mercado gandeiro, visitando os diferentes postos que hai e rematando cara ao mediodía cun xantar de polbo á feira. Nesta ocasión, Fernando, o reporteiro do programa, visitará a feira de Castro de Ribeiras de Lea.

Volverá pasar polo estudio de gravación Linolio coa súa Polboneta, que nesta ocasión tratará de convencer os concursantes de que el ten o segredo para facer o mellor polbo do mundo, simplemente cun aceite “especial”. Ademais de Linolio, estará en “Feirantes” o humorista Manuel de Eva.

Por outro lado, o mago Manuel Lamas deixará abraiado o público tragando unhas coitelas, o grupo de música galega Brath presentará o seu novo disco, titulado “Enxebre”, e a orquestra que amenizará a velada será La Ola ADN, unha formación do Grove, con pouco máis dun ano de existencia, que vén pisando forte este verán.

Para rematar, o chef convidado desta semana será Antonio Botana, do restaurante Pandemonium, en Cambados, que, seguindo un pouco a tradición do seu establecemento, onde traballan moito os cefalópodos, preparará un choco da ría de Arousa.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here