Un dos grandes da música latina, o cantante venezolano Carlos Baute, convidado esta noite no "Luar"

0
0

Santiago, 15.06.2018.-      Na edición deste venres, o programa “Luar” recibirá a visita dun dos grandes da música latina, o venezolano Carlos Baute, un dos artistas chegados da outra beira do Atlántico con máis éxito no noso país. Con preto de dous millóns de discos vendidos e unha morea de premios ás súas costas, é tamén un dos artistas máis queridos polo público galego.

Tamén estará esta noite no espazo da TVG o cantante Brais Morán, que está a presentar o seu último traballo, titulado “No Mato do desespero”. Coñecido como cantante e guitarrista da banda galega de funk Loretta Martin, Brais constrúe agora outro universo paralelo cunhas letras máis persoais e cunha forma máis individualista e directa de transmitir.

Outra das artistas convidadas ao “Luar” desta semana é Sonia Lebedinsky, ex-compoñente dun dos grupos máis importantes da tradición galega, o desaparecido Fía na Roca. A cantante interpretará temas de “Deserto de centos”, o seu primeiro traballo en solitario, que é o resultado de todas as músicas das que foi bebendo ao longo da súa traxectoria profesional como trad, folk, funk, pop e ritmos brasileiros.

Pero se hai unha actuación que sen dúbida chamará a atención dos espectadores será a dos presentadores de “O Tempo” da TVG. A piques de estrear a nova estación, Diego Viaño, Ana Celia Vázquez e Noelia Rodríguez subirán ao escenario para invocar o verán cunha canción moi particular.

O programa presentado por Xosé Ramón Gayoso e María Mera tamén contará coa presenza da Agrupación Folclórica Renacer, do grupo de pandeireteiras da Asociación Retranqueiros, da orquestra Ritmo Noche, da Rondalla de Aguiño, da cantante María Chenlo, da Asociación Cultural Retranqueiros de Ames, dos Chulapeiros de Madrid e do humorista Moncho Borrajo.

Coma sempre, “Luar” ofrecerá unha nova edición dos concursos “Vai de Baile”, hoxe coa participación dos dúos Firmenus Melitonus e Ramilos do Roupeiro, e “Recantos”, en que se enfrontarán Cristina Cimadevila, representante da comarca Terras de Pontevedra, e Marc Alonso, procedente de Bergantiños.

Fuente: TVG

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here