Un novo caso afecta unha das familias menos coñecidas de 'Serramoura': os Osorio, unha liñaxe de fidalgos vida a menos

0
6

Santiago, 12.05.2019.-  Un novo caso chega esta noite ao cuartel de ‘Serramoura’ (22.20 h.) para afectar unha das familias menos coñecidas da vila, os Osorio, unha liñaxe de fildalgos vida a menos que non é habitual que se mesturen entre os veciños. Pero nesta ocasión a traxedia salpicou a familia coa desaparición de Míriam de la Torre. Consciente do interese que suscitará este caso, Tomás non tarda en encargar a Marga e Roi a súa investigación.

Despois de intentar envelenar a Luz, de provocar que Román acabe na cadea e de ser a principal sospeitosa da morte da súa asistenta, dona Teresa está ingresada nun sanatorio, circunstancia que forma parte da vinganza de Evaristo, pois a xefa de enfermeiras fará que a estancia de Teresa no centro sanitario sexa un inferno.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here