Unha fuga de auga deu comezo á historia de amor dos protagonistas da nova entrega de "Casamos!"

0
4

Santiago, 13.09.2017.-   Se o carteiro sempre chama dúas veces, o fontaneiro vén para quedar, e é que quen lle ía dicir a Conchi que a persoa que lle arranxou a fuga de auga que tiña na casa, sería máis tarde o amor da súa vida.

Con este comezo e cunha futura sogra sempre pendente dos dous, a historia dos protagonistas do programa “Casamos!” (22.00 h.) de hoxe está chea de risas e bos momentos. Mais tamén de malos, xa que o embarazo de risco de Conchi puxo a súa relación con José ao límite. A soa idea de perder o bebé que tanto querían fixo pasar esta parella polos peores meses da súa vida. Pero agora, co pequeno san e feliz, están no seu mellor momento.

Tras ter que aprazar a voda, por fin, darán xuntos o paso que lles quedaba nesta historia de amor. Hoxe, o programa de amor da Televisión de Galicia acompañará os protagonistas nun enlace que pretende ser diferente en cada detalle.

Fuente: TVG

Compartir