"Vivir Aquí" coñecerá esta tarde os imprescindibles das festas galegas, desde o bar da comisión e a sesión vermú ata os foguetes

0
0

Santiago, 07.07.2018.-    Durante o verán, cada recuncho de Galicia énchese de festas, animación e diversión. Neste eido, hai tradicións que se manteñen e novos costumes que chegaron para quedarse. O programa “Vivir Aquí” falará hoxe dos imprescindibles da festa.

Sexa grande ou pequena, hai elementos que non poden faltar nunha festa como o bar da comisión, a sesión vermú ou os foguetes. E en moitas casas a celebración chega ata as cociñas. Os reporteiros coñecerán os que van de festa en festa como os rosquilleiros e os que, polo seu vencello co lugar, se converten en pregoeiros.

Fuente: TVG

Compartir