Volve o concurso da CRTVG para atopar a canción do verán

0
3

Santiago, 20.05.2019.- A CRTVG comeza a procura da canción do verán, unha estación marcada en Galicia pola música e o ambiente festivo. Por iso, os medios galegos poñen en marcha hoxe a terceira edición do concurso Este verán canta con nós, que premiará con 1.000 euros un tema inédito escrito en galego. 

Tanto solistas como grupos teñen ata o 21 de xuño para enviar as súas propostas, que poderán ir acompañadas dun videoclip. O tema gañador será escollido por un xurado composto por cinco persoas designadas pola dirección da CRTVG que valorarán a orixinalidade, a calidade técnica e o acompañamento dun vídeo musical. A persoa gañadora cederá á corporación o dereito de reprodución e de comunicación pública por televisión en todos os sistemas, así como a través de Internet, da canción e do seu vídeo musical, se o hai. 

‘Chegou o momento’, de Plan Siberia, foi a canción gañadora da pasada edición de Este verán canta con nós. Fíxose así co premio o músico e compositor Gabriel Blanco, que xa  gañara a primeira edición co seu tema ‘Xunto a ti’.

As propostas poden enviarse a canciondoveran2019@crtvg.es, nun correo onde consten os datos das persoas participantes (nome, apelidos, DNI, teléfono e enderezo completo).

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here