‘100 anos de verbena galega’ viaxa ata a década dos 80 para traer esta noite a mellor música da movida

0
29

Santiago, 20.08.2021.-  Presentado por Sara Rodríguez e na compaña da orquestra La Ocaband, este venres á noite chega unha nova e espectacular edición de ‘100 anos de verbena galega’ (21.50 h), que traerá os ritmos que irromperon na década dos 80 con forza tamén nas nosas orquestras e festas galegas.

Os anos 80 foron os anos da movida, e esta tamén chegou ás verbenas galegas. Da man da París de Noia, de Tito e Tita, de mulleres como Pepi Rama ou Tita Lijo, e de orquestras como a Panorama (nada a finais da década), a verbena empeza a modernizarse con sistemas sen fíos e escenarios móbiles, facéndolle a competencia ás existosas salas de festas.

Con todos eles, ‘100 anos de verbena galega’ cantará temas da movida, e tamén lembrará a Eurovisión con temas de Umberto Tozzi ou Celine Dion. No programa estarán, amais, para lembrar esta época revolucionaria, Jota Santana, Blas Piñón e Ángel Barry, entre outros.

Fuente Crtvg.es