A actriz Blanca Cendán e seu marido pianista Suso Alonso interpretarán un número musical hoxe en “Vivan as Tardes!”

0
166

Santiago, 13.12.2017.-  Os espectadores de “Vivan as Tardes!” (17.25 h.) terán a oportunidade de saber máis cousas dos actores e actrices das series da Galega, xa que estará no estudio de gravación Blanca Cendán que, ademais de facer series, fai teatro e cabaret.  Hoxe, precisamente, vai interpretar un número musical acompañada do seu home, Suso Alonso.

Tamén estarán no programa dúas mulleres admirables, que teñen unha filla e un irmán con parálise cerebral que están casados. A falta de tabús e prexuízos de Ana e Fina conseguiron a felicidade de Pepe e Laura.

Ademais, o público da TVG interesarase pola historia dunha parella que se coñeceu a 25 graos baixo cero e que casaron polo rito luterano e o católico. Que facía un galego en Finlandia e como se adaptou a aquel medio? Francisco e Lena van contalo hoxe.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here