A actriz e modelo Mar Saura e a fotógrafa Teresa Abalde meteranse hoxe entre fogóns no ‘Land Rober Tunai Show’

0
6

O programa contará tamén coa presenza de Víctor Fábregas, que vai ter que andar fino en ‘É ou non é?’

A actriz e modelo Mar Saura e a fotógrafa Teresa Abalde meteranse hoxe entre fogóns no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 19.11.2020.- O ‘Land Rober Tunai Show’ (22.25 h) recibe este xoves a polifacética Mar Saura. A actriz e modelo vén disposta a todo e os espectadores verana coas mans na masa nun cara a cara con Eva… Iso si, sobre os fogóns en ‘Cociña a cegas’, en que a finalista de ‘Masterchef’ Teresa Abalde velará porque non acabe todo nunha desfeita.

Ademais, volven as aventuras da familia de mariscadores. Josiño disque vai empezar a traballar. A ver se desta vai… E, como a actualidade manda, o programa vai descubrir que pasa agora nos buses coa prohibición de falar.

Por se fose pouco, o show presentado por Roberto Vilar contará coa presenza de Víctor Fábregas, que vai ter que andar fino en ‘É ou non é?’. Será capaz de identificar os protagonistas das historias máis disparatadas que pasan en Galicia?

Fuente Crtvg.es