A actriz e presentadora Nerea Garmendia vén esta noite pintar a mona ao ‘Land Rober Tunai Show’

0
39

Terá a oportunidade de coñecer o público galego, para o que terá como aliada a cantante Pili Pampín

A actriz e presentadora Nerea Garmendia vén esta noite pintar a mona ao 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 28.04.2022.-   O ‘Land Rober Tunai Show’ (21.55 h) recibe este xoves a polifacética Nerea Garmendia. A actriz e presentadora vén pintar a mona e coñecer o público galego. E terá unha boa aliada: a cantante Pili Pampín.

Por outro lado, volven ‘As Mañás de Marilú’, onde o alcalde anunciará a Supercopa de tute de Pazos en Arabia Saudí. Por se fora pouco, chega unha nova entrega da ‘Familia de mariscadores’ máis divertida. Josiño ten unha teima cunha muller que di ser a súa nai…quen será?

Todo isto e moito máis, con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo, este xoves a partir das 22.00 h na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es