A actriz Lucía Regueiro e 'Chikilicuatre', expertos en revolucionar a audiencia, visitan "Land Rober Tunai Show"

0
121

Santiago, 30.03.2017.- Esta noite o programa “Land Rober Tunai Show” recibe a visita de dúas persoas que conseguiron o que moi poucos: revolucionar a audiencia televisiva en diferentes ámbitos. Lucía Regueiro, a actriz de “Serramoura” que encarnaba a Marga Neira, xerou centos de comentarios nas redes sociais co falecemento dos eu personaxe, a sarxenta do cuartel da vila ficticia en que transcorre a serie. Pola súa banda, o actor e humorista David Fernández, recordado polo seu esperpéntico personaxe Rodolfo Chikilicuatre, rebentou os índices de audiencia co seu paso por Eurovisión en 2008. 

O showman que creou o baile e a canción referentes daquel verán visita agora a Televisión de Galicia para dar vida a outros personaxes e participar no xogo de mímica do espazo que conduce Roberto Vilar. Os espectadores poderán ver que sucede coa unión do enxeño deste cómico e a tolería do presentador de “Land Rober Tunai Show”. Lucía Regueiro, pola súa parte, terá que demostrar que conserva a intuición policial do seu personaxe na sección “Quen vés sendo?”.

Aos dous invitados, unirase esta noite para pintar a mona no programa o actor galego Fernando Tato, que protagonizou a serie diaria da TVG, “O Faro”, e que participou noutras producións dos medios públicos como “Libro de Familia”, “Matalobos” ou “Hotel Almirante”. Colaborará na creación dunha versión diferente de “A Bela e a Besta” .

 Ademais, logo de que as peticións dos espectadores xurdiran efecto, volverán os recoñecidos Gorrillas. Hoxe, a partir das 22.00 h., continúa a troula con Roberto Vilar e os colaboradores habituais Eva Iglesias e Xosé Antonio Touriñán.

 

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here