A artista colombiana Amparo Sandino, que acaba de celebrar as vodas de prata no mundo discográfico, convidada esta noite en ‘Bamboleo’

0
30

Santiago, 10.12.2022.-     ‘Bamboleo’ chega un sábado máis con Xosé Manuel Piñeiro á fronte e co seu equipo de colaboradores: Tamara Pérez, Claudio Pan, Damián Cortés, Javier Varela e Isi. Esta noite visita o programa unha artista colombiana que acaba de celebrar as vodas de prata no mundo discográfico: Amparo Sandino.

A compositora, guitarrista e cantante compartirá grandes éxitos destes 25 anos de carreira como ‘Gózate la vida’ ou ‘Camino del corazón’. Ademais, a raíña do tropipop comentará novidades e participará dos xogos que os colaboradores teñen preparados para ela.

Outro dos convidados da noite será o cantante tudense G-Face, que acaba de fichar por unha gran multinacional. Despois de varios sinxelos de éxito, hoxe vén a ‘Bamboleo’ a presentar o seu último lanzamento, que leva por título ‘Te fuiste’.
 
Tamén haberá tempo para as actuacións da orquestra portuguesa TOP5, unha formación que xa actuou en Galicia. Ademais, a parella de baile deportivo formada por David e Diana, situados entre as 40 mellores do mundo na modalidade de latino, ofrecerá dúas magníficas exhibicións.

No ‘Agora ou Nunca’ estarán Mimi Casesmeiro e Dámaso Tesorero, que cantarán ‘Zombie’, de Cranberries, e ‘Si tú me besas’, de Víctor Manuelle. En ‘A Jrileira’ participarán Dani, pola Asociación Cultural Adro de Vilaño do Concello da Laracha, e Clara, polo Club Deportivo Cariño. Cantarán ‘Desesperada’, de Marta Sánchez e adiviñarán intérpretes.
    
As risas están aseguradas cos contos de Isi, o furacán de Arca. E para rematar, cara ao final do programa, chegará unha nova entrega da ‘ITV do Amor’, a sección en que un participante do público terá que adiviñar cal é a parella de Nati en función das respostas dos posibles mozos: Pablo, Uri e Abel.

Fuente Crtvg.es