A artista cubana Diana Ela, revelación deste 2019, fai parada na súa xira española para actuar en 'Bamboleo'

0
6

Santiago, 20.07.2019.-   O espectáculo e o entretemento familiar serán protagonistas, un sábado máis, na TVG co programa ‘Bamboleo’, que hoxe recibirá a visita da artista cubana Diana Ela, unha das grandes revelacións deste 2019. Despois de conquistar o mercado latinoamericano, está agora de xira promocional en España.

Presentado por Lucía Regueiro e cun elenco de colaboradores que se apoderarán do escenario, o ‘Bamboleo’ desta noite contará tamén coas actuacións da orquestra Pontevedra e de Pelepau, formación viguesa composta por 12 percusionistas, todos eles mestres en escolas de música e danza tradicional, que teñen como obxectivo adaptar cancións de tradición galega para transmitir a cultura popular mediante un espectáculo interactivo.

Por outro lado, nas seccións habituais do programa, ‘Agora ou Nunca’ amosará o potencial artístico de Laura Sánchez, co tema ‘Deja vu’, de Shakira & Prince Royce; e de David García, que interpretará ‘Noelia’, de Nino Bravo.

Ademais, na ‘ITV do amor’, o público terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; Rosa e Andrea competirán cantando con karaoke en ‘A Jrileira’, neste caso coa canción ‘Un rayo de sol’, de Los Diablos, e Nikola e Vanessa participarán no ‘Dirtidansi’ bailando rumba e bolero.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here