A artista malagueña María Peláe será a convidada estrela do ‘Bamboleo’ desta semana

0
16

Santiago, 2.7.2022.- ‘Bamboleo’ (22.00 h) chega esta noite cun espectáculo especialmente fresco, con moita festa e con Xosé Manuel Piñeiro á fronte. María Peláe, artista malagueña á que comparan con Lola Flores e Martirio, será a convidada estrela de hoxe. A artista interpretará algúns dos temas que recolle o seu primeiro disco, ‘La folcrónica’, un traballo en que fusiona estilos como o flamenco, o funky e a música urbana.

O Grupo Beatriz, formación liderada por Beatriz e o seu acordeón, presentará a novidosa selección musical coa que animarán as verbenas esta temporada. Estará así mesmo en ‘Bamboleo’ o artista Dani Royo, presentando o seu espectáculo en homenaxe a Antonio Flores.

Yeeremy e Stefanny, parella de baile colombiana, que foron campións mundiais de salsa en repetidas ocasións e que son internacionalmente recoñecidos polo seu magnífico traballo, serán os convidados de hoxe no apartado de baile profesional.

En ‘A Jrileira’, o karaoke para entidade deportivas, cantarán Carlos, polo Club Ourense Atletismo, e Vázquez, pola Asociación Deportiva Tomiño. A continuación, deberán adiviñar o maior número posible de intérpretes no tempo establecido. O equipo que máis puntuación teña ao final das dúas probas gañará un premio para o seu club.

Ademais, os espectadores gozarán dos vídeos do ‘Sobes ou Baixas’ con Tamara Pérez, do humor de Isi, do xogo de Claudio Pan e dun ‘Agora ou Nunca’ moi especial con Betsy Remedios e Brian Cameselle.

En ‘A ITV do Amor’, un concursante do público terá que adiviñar cal é a parella de Lara en función das respostas dos posibles mozos: Jose, Basi e Diego. Sempre atentos e sacando puntada a cada comentario estarán Tamara, Damián, Isi e Javi Varela.

Fuente Crtvg.es