A canle dixital do 'Diario Cultural', Premio Martín Códax da Música ao mellor espazo de comunicación

0
11

Santiago, 09.05.2019.-     A canle dixital do programa ‘Diario Cultural’ da Radio Galega recibiu onte, no transcurso dunha gala celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra, o Premio Martín Códax da Música ao mellor espazo de comunicación. Ao igual que o espazo ‘Lume na Palleira’, a web do ‘Diario Cultural’ era candidata no apartado Organistrum, que destaca o labor da industria musical galega.

Esta canle dixital ten como obxectivo ser o referente de todas as manifestacións culturais de Galicia a partir dos contidos que produce o programa para a súa emisión analóxica e a produción doutros contidos diferenciados destinados especificamente para o dixital. Diariocultural.gal forman parte da estratexia da CRTVG en materia de cultura, que se enmarca no proxecto #Cultura365, un modelo baseado na programación cultural especializada os 365 días do ano.

A coordinadora de Cultura da CRTVG, María Solar, e a xefa de Programas da Radio Galega, Tania F. Lombao, recolleron o premio e agradeceron unha distinción que neste caso recoñece un programa de longa andaina na radio pública galega.

Na gran festa da música galega, que cada ano organiza a Asociación Músicas ao Vivo, tamén foron premiadas propostas musicais con proxección a nivel estatal e internacional como Baiuca, Bala ou Tanxugueiras; artistas consolidados no panorama galego como Marcos Teira, Xoán Curiel, Carmen Rey e Los Satelites, e propostas como as de Su Garrido Pombo, Xosé Miguélez, Adrián Saavedra, Ejazz e Igloo.

Nesta sexta edición dos Premios Martín Códax houbo quen repetiu, como Wöyza, Banda Crebinsky e o grupo estradense Nao. Tamén se recoñeceron as traxectorias do Festival de Pardiñas e da sala viguesa El Contrabajo Club.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here