Santiago, 15.07.2023.- ‘Bamboleo’ contará esta noite coa visita de dous famosos artistas, ela galega e el romanés: son Lucía Pérez e WRS. Os dous cantantes, que teñen en común participaren no Festival de Eurovisión, acompañarán a Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro nun espectáculo que tamén terá como protagonistas a orquestra La Ocaband e os bailaríns Nuno e Nagyla.
Lucía Pérez presentará ‘Yo te prometo’, unha canción en portugués que forma parte do novo traballo que a cantante do Incio gravou en Miami. Pola súa parte, o romanés WRS triunfou en multitude de países co tema ‘Llámame’. Hoxe chega a Bamboleo para compartir este e outros éxitos, como o titulado ‘Afterparty’. Lucía e WRS pasarán polo escenario e formarán equipo para medirse cos xogos que cada semana preparan os colaboradores do programa.
La Ocaband é unha das orquestras emblemáticas da verbena galega e hoxe fai parada no ‘Bamboleo’ para amenizar o programa coa súa selección musical. No tempo de baile profesional, os bailaríns portugueses Nuno e Nagyla, campións do mundo de kizomba, ofrecerán dúas fantásticas exhibicións.
Isi regresará cos seus curiosos sucedidos e na ‘ITV do Amor’ unha parella xogará para gañar un fantástico premio se consegue despistar un participante do público.
A proba para comisións de festas, ‘A Jrileira’ enfrontará as comisións de Pígara, en Guitiriz; Corrubedo, en Ribeira; Xunqueira de Ambía e Cerceda. Nas semifinais amosarán os seus coñecementos musicais adiviñando unha serie de cancións e a final terá como prato forte o karaoke do tema ‘En el amor todo es empezar’, de Raffaella Carrá.
Santiago.- ‘Bamboleo’ contará esta noite coa visita de dous famosos artistas, ela galega e el romanés: son Lucía Pérez e WRS. Os dous cantantes, que teñen en común ter participado no Festival de Eurovisión, acompañarán a Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro nun espectáculo que tamén terá como protagonistas a orquestra La Ocaband e os bailaríns Nuno e Nagyla.
Lucía Pérez presentará ‘Yo te prometo’, unha canción en portugués que forma parte do novo traballo que a cantante do Incio gravou en Miami. Pola súa parte, o romanés WRS triunfou en multitude de países co tema ‘Llámame’. Hoxe chega a Bamboleo para compartir este e outros éxitos, como o titulado ‘Afterparty’. Lucía e WRS pasarán polo escenario e formarán equipo para medirse aos xogos que cada semana preparan os colaboradores do programa.
La Ocaband é unha das orquestras emblemáticas da verbena galega e hoxe fai parada no ‘Bamboleo’ para amenizar o programa coa súa selección musical. No tempo de baile profesional, os bailaríns portugueses Nuno e Nagyla, campións do mundo de kizomba, ofrecerán dúas fantásticas exhibicións.
Isi regresará cos seus curiosos sucedidos e na ‘ITV do Amor’ unha parella xogará para gañar un fantástico premio se consegue despistar un participante de público.
A proba para comisións de festas, ‘A Jrileira’ enfrontará as comisións de Pígara, en Guitiriz; Corrubedo, en Ribeira; Xunqueira de Ambía e Cerceda. Nas semifinais amosarán os seus coñecementos musicais adiviñando unha serie de cancións e a final terá como prato forte o karaoke do tema ‘En el amor todo es empezar’, de Raffaella Carrá.
Fuente Crtvg.es