A cantante Miriam Rodríguez e o actor Antonio Garrido pintarán a mona no ‘Land Rober Tunai Show’ desta semana

0
21

Nesta edición do programa (21.55 h) chega tamén unha nova entrega de ‘As Mañás de Marilú’, mentres que os Piosos asistirán a unha poxa

A cantante Miriam Rodríguez e o actor Antonio Garrido pintarán a mona no 'Land Rober Tunai Show' desta semana

Santiago, 01.06.2023.-    Este xoves chega ao estudio do ‘Land Rober Tunai Show’ unha das artistas máis queridas: a galega Miriam Rodríguez. A cantante vai pintar a mona, á vez que descubrirá o talento que hai na súa terra. Ao show unirase o andaluz máis galego: o actor Antonio Garrido.

E ofrecerase unha nova entrega de ‘As Mañás de Marilú’. Desta volta, o alcalde de Pazos vai descubrir o único veciño que non votou por el nas eleccións. A que se vai armar! A cousa non acaba aí, xa que os Piosos do programa asistirán a unha poxa. Non saben onde se meten!

Fuente Crtvg.es