A China proclámase gañadora da novena edición do concurso 'Recantos'

0
6

Santiago, 20.07.2019.-    A China, representante da comarca da Arousa, converteuse onte na gañadora da novena edición de ‘Recantos’, o concurso de novos talentos musicais do programa ‘Luar’. Impúxose na gran final ao ourensán Alberte Suárez cantando a mítica copla de Marifé de Triana ‘Torre de area’.

Nada en Venezuela, desde que chegou a Galicia A China dedicouse ao mundo da verbena e actualmente é a vocalista da orquestra Huracán. Compaxina o seu traballo como cantante profesional co deporte, a súa outra gran paixón, xa que é monitora deportiva e dá clases de zumba, aeróbic, pilates, etc.

Situada sempre nos primeiros postos da táboa clasificatoria do concurso, a súa participación en ‘Recantos’ foi para ella unha experiencia inesquecible e supuxo unha promoción artística que quere aproveitar ao máximo para continuar coa súa carreira musical, na que o seu obxectivo é dar un paso adiante gravando o seu primeiro disco en solitario.

O xurado formado por Tania Fuegho, Moncho Lemos e Manuel DeAndrade decidiu outorgarlle o primeiro premio, dotado con 5.000 euros, converténdoa así na sucesora do eumés O Chylava, gañador do ano pasado. Alberte Suárez, o segundo clasificado, recibiu un cheque de 2.000 euros.

O concurso chega así á súa fin despois de once meses de competición, tempo en que os 20 concursantes que iniciaron ‘Recantos’ melloraron a súa técnica vocal e a posta en escena. Ademais de polo xurado habitual, foron valorados cada semana polos seus propios compañeiros, que onte uniron as súas voces sobre o escenario para poñerlle o broche de ouro a esta edición do certame.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here