A comedia continúa este xoves na TVG con novas edicións de ‘Land Rober Summertime’ e ‘Malicia Noticias Summertime’

0
16

Santiago, 07.07.2022.-   O humor con maiúsculas será protagonista un xoves máis na Televisión de Galicia, que ofrecerá novas entregas de ‘Land Rober Summertime’ e ‘Malicia Summertime’, unha dobre e refrescante oferta coa que os amantes da comedia poden vivir este verán os mellores momentos e os sketchs máis hilarantes de ambos programas de referencia na canle pública.

Así, na edición de verán de ‘Land Rober’, entre outros momentos divertidos, os espectadores asistirán a un transplante de corazón de cocho, a un documental sobre a vida de Josito, un dos mariscadores, e ao primeiro pleno do ano no concello de Pazos. Entre os participantes nos sketchs desta noite están Julio Igesias Jr., o actor Antonio Garrido e a cantante Rosa López.

No tempo do ‘Malicia Summertime’, serán protagonistas a parroquia de San Tirso, en Palas de Rei, e un acto de vandalismo nun pilón rehabilitado de Chapela. Co humor característico do espazo, tamén se ofrecerán enquisas sobre as herdanzas, as caídas do WhatsApp, o insomnio, os problemas cos inquilinos e o nivel de galego. Os reporteiros Fran Cañotas, Noelia Rey, Belén Vara e Brais Doval serán os encargados de achegar esta particular visión da actualidade.

Fuente Crtvg.es