A cómica e actriz Carmen Ruiz chega esta noite para revolucionar o ‘Land Rober Tunai Show’

0
30

Descubrirá o talento que hai en Galicia nunha nova entrega de ‘Dando a nota’ e os espectadores tamén a verán en acción nunhas ‘Primeiras citas’ un tanto peculiares (22.00 h)

A cómica e actriz Carmen Ruiz chega esta noite para revolucionar o 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 29.09.2022.-    Este xoves vén a pintar a mona ao ‘Land Rober Tunai Show’ unha cómica e actriz ben argalleira. Chega Carmen Ruiz para descubrir o talento que hai en Galicia nunha nova entrega de ‘Dando a nota’, e os espectadores tamén a verán en acción nunhas ‘Primeiras citas’ un tanto peculiares.

Ademais, volven as falcatruadas de Chefa. Desta volta, descubrirase en que gastou os cartos que levou da subvención do suposto coche eléctrico. Por se fose pouco, o público do estudio vai ser o protagonista porque chega a sección ‘O que máis’, en que o programa presentado por Roberto Vilar coñecerá un pouquiño máis dos seus seguidores.

Fuente Crtvg.es