A coñecida presentadora e xornalista Mariló Montero revoluciona esta noite o ‘Land Rober Tunai Show’

0
15

O equipo do programa (21.55 h) vai poñer a proba o seu sentido do humor e as súas calidades interpretativas nas distintas seccións e sketchs desta edición

A coñecida presentadora e xornalista Mariló Montero revoluciona esta noite o 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 18.11.2021.-  Este xoves chega ao estudio do ‘Land Rober Tunai Show’ unha muller que non deixa indiferente a ninguén, a mesmisima Mariló Montero. Ver para crer! A presentadora e xornalista acode revolucionar o show esta noite e o equipo do programa vai poñela a proba nos distintos sketchs desta edición, coma nun caso de parellas, onde todo o mundo sabe que é unha experta no tema!

Mariló Montero tamén participará nunha voda un tanto revirada no pazo de Meirás. Iso si, non vai faltar detalle neste evento de clase alta. Por se fose pouco, tamén vai ir a cousa sobre pelotas… seica Mariló é unha crack no deporte!

Isto e máis con Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Víctor Fábregas este xoves, a partir das 21.55 horas, na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es