A confesión de Leo identifica a Fran como terceiro membro da banda, esta noite nun novo capítulo de ‘Auga seca’

0
9

Despois de descubrir na comisaría un pago á nave de Vigo dunha empresa con sede en Panamá, Teresa sospeita que o seu pai pode estar involucrado (23.05 h)

A confesión de Leo identifica a Fran como terceiro membro da banda, esta noite nun novo capítulo de 'Auga seca'

Santiago, 29.11.2021.-    Nun novo capítulo da serie ‘Auga Seca’, a policía atopa un novo alixo de armas no apartamento de Raquel, a moza de Fran, o que forma parte da manobra de distracción de Mauro.

A confesión de Leo identifica a Fran como o terceiro membro da banda, confirmándoo como parte da trama de tráfico de armas. Esa información fíltrase á prensa e cando Irene se decata enfurécese, xa que non só perdeu o seu fillo, senón que a súa memoria queda desfeita.

Ao mesmo tempo, Teresa cóntalle a Laura o que viu na comisaría: un pago dunha empresa con sede en Panamá á nave de Vigo baixo o nome de Peristerias, o alcume que o seu pai empregaba para Paulo e mais ela. É posible que o seu pai estivera involucrado en todo isto? A única forma de descubrilo é volvendo á casa, a Lisboa.

Fuente Crtvg.es