A Copa América 2021, en xogo desde este domingo na Galega

0
17

Santiago, 08.06.2021.-  Televisión de Galicia ofrecerá desde esta fin de semana, en directo, os partidos da Copa América 2021, o principal torneo futbolístico entre as seleccións dos países de América do Sur. A canle pública conta cos dereitos de emisión para Galicia dunha serie de encontros deste trofeo, que se vai disputar no Brasil, entre o 13 de xuño e o 10 de xullo. As transmisións da TVG arrancan este domingo co partido inaugural que xogarán O Brasil e Venezuela, ás 23.00 horas.

A Galega ofrecerá en total 10 partidos, repartidos entre as catro etapas da competición: fase de grupos, cuartos de final, semifinais e final. O luns 14, a TVG continuará coa emisión do torneo ás 23:00 horas co debut da Arxentina ante Chile e, na seguinte fin de semana, na madrugada do venres ao sábado, ás 2:00 horas, coa cita da Arxentina fronte ao Uruguai.

A Copa América 2021, cuxa celebración inicial estaba prevista entre A Arxentina e Colombia, disputarase por mor da pandemia por sexta vez no Brasil, en sedes de Río de Xaneiro, Goiania, Cuiabá e Brasilia. Organizada pola Conmebol, nesta 47 edición participan dez seleccións –A Arxentina, Bolivia, O Uruguai, Chile, Paraguai, O Brasil, Colombia, Venezuela, O Ecuador e O Perú-, logo das baixas de Australia e Qatar. A final do torneo xogarase no mítico Maracaná do Río de Xaneiro.     

Fuente Crtvg.es