A Copa América comeza esta fin de semana na CRTVG, onde tamén se decide a Copa da Raíña de fútbol sala feminino

0
12

Santiago, 14.06.2019.- Os medios públicos galegos comezarán as transmisións deportivas desta fin de semana coa ollada posta en Burela, xa que esta localidade lucense albergará a 25 edición da Copa de España Feminina de Fútbol Sala, que por primeira vez se denomina Copa de S. M. La Reina. Os oito equipos mellor clasificados na liga regular da primeira división disputarán as fases semifinais o sábado, a partir das 17.45 h., e a final, o domingo, ás 17.00 horas.

A G2 achega, en directo e en aberto, a Copa América desde este sábado

Na faixa da madrugada, a G2 iniciará a emisión en directo da Copa América 2019, o principal torneo futbolístico entre as seleccións dos países de América do Sur e o máis antigo de fútbol do mundo.

A Galega é a única canle en España que ofrece os partidos da Copa América 2019 en aberto. Os mellores encontros deste torneo futbolístico poderanse seguir en directo e, en exclusiva, para Galicia desde esta fin de semana.

A segunda canle da Galega ofrecerá un total de 10 partidos, repartidos entre as catro etapas da competición: fase de grupos, cuartos de final, semifinais e final. Así, esta fin de semana no arranque da Copa América, a G2 emitirá este sábado, ás 00.00 horas, o debut da Arxentina ante Colombia e, o domingo, Uruguai-Ecuador. A seguinte fin de semana, poderanse seguir Perú-Brasil (sábado) e Qatar-Arxentina (domingo), ambos os dous ás 21.00 horas.

A maiores, tanto a G2 como a web da CRTVG ofrecerán o domingo en ‘A Liga das Cidades’ o transcendental encontro Bergantiños F. C.-Villarrubia C. F. (19.00 h.), en fase de play off polo ascenso á 2ªB.

A RG, co Deportivo polo ascenso á máxima categoría

O ‘Galicia en Goles’ comeza ás tres da tarde coa última hora do partido de volta da semifinal polo ascenso á primeira división. Ata a cidade andaluz viaxará Javi Torres para retransmitir desde as nove da noite o desenlace da eliminatoria entre o Málaga e o Deportivo, xunto aos especialistas Marcos Basadre e Pablo Cortés. A vitoria do pasado mércores por 4-2 dálle moitas opcións ao conxunto galego para acceder á final que comeza o xoves 20 de xuño.

O espazo deportivo da Radio Galega prolongará a emisión ata a medianoite para ofrecer as conferencias de prensa dos adestradores e as opinións dos xogadores na zona mixta da Rosaleda. Por este motivo non se emitirán os espazos habituais ‘Gas a fondo’ e ‘Galicia en Toquio’, que regresarán á grella a próxima semana.

Durante a tarde, o programa tamén atenderá ás semifinais da Copa da Raíña de fútbol sala feminino en Burela, ao rally de Narón e á final da Copa de Ferrol entre o Mugardos e o Eume. Os torneos de base de Pontevedra e Ribadumia completarán a oferta de retransmisións

O ‘Convivir Deportivo’, mentres, chegará ás doce do mediodía á cita coa audiencia cun programa dedicado ao histórico equipo de fútbol do Unión Campestre, situado na parroquia de Montrove, no concello de Oleiros.

Xa o domingo, o ‘Galicia en Goles’ adianta a súa emisión ás 11.25 h. por radiogalega.gal e a aplicación para o móbil para retransmitir o Portugalete-Alondras, na volta da semifinal de ascenso á segunda B. O partido tamén se escoitará na FM e na TDT a partir das doce do mediodía. A derrota por 1-2 en Cangas complicou a clasificación do cadro galego para a final. Desde as tres, a sesión de tarde tamén estará pendente do Bergantiños-Villarrubia, con desvantaxe galega dos dous goles encaixados en Cidade Real o pasado domingo. A final da Copa da Raíña de fútbol sala en Burela e os encontros das Copas de fútbol da Coruña, Lugo, o Sar e a Costa son as outras citas que contará o programa durante a xornada.

A partir das once da noite, Toni López García abrirá mesa de debate cos expertos na edición dominical de ‘Ao Contraataque’, que tamén se pode seguir no Mira RG a través da web da Radio Galega e da aplicación para o móbil.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here