A crise demográfica, a análise este domingo no programa ‘Incombustibles’, que contará coa presenza da actriz Benedicta Sánchez

0
16

O espazo da TVG (23.20 h) tratará con moito humor e desde diferentes perspectivas todas as cuestións relacionadas con este problema

A crise demográfica, a análise este domingo no programa 'Incombustibles', que contará coa presenza da actriz Benedicta Sánchez

Santiago, 20.11.2022.-    No programa desta semana de ‘Incombustibles’ falarase da demografía. Hai ou non crise demográfica? Hai que promocionar a natalidade? Hai moitos vellos e vellas e pouca xente nova? Morren máis persoas das que nacen? Temos unha mellor calidade de vida que fai que vivamos máis e mellor? Todas estas cuestións relacionadas coa demografía serán analizadas con humor e desde diferentes perspectivas.

Ademais, os presentadores de ‘Incombustibles’, Teté Delgado, Manolo Botana e Luísa Veira, falarán deste asunto con Benedicta Sánchez, a inesquecible protagonista da película ‘O que arde’. E non faltará música no estudio: a da banda interxeracional residente do programa, os Deteriorados.

Fuente Crtvg.es