A CRTVG acompaña o Deportivo Liceo de hóckey a patíns na competición polo título europeo esta fin de semana

0
25

Santiago, 09.04.2021.-   Os medios públicos galegos ofrecen esta fin de semana, en directo, a pugna polo título continental en hóckey a patíns entre os tres conxuntos que forman parte do grupo C, no que se atopa o Deportivo Liceo. Neste grupo, un dos máis fortes da competición, tamén loitan por facerse co campionato o F. C. Barcelona e o S. L. Benfica.

Deste xeito, a través da G2 e a web da CRTVG, hoxe venres poderase ver en acción, ás 21.00 h, desde o pavillón de Luso, dous grandes rivais na pelexa por gañar a OK Liga, o conxunto galego contra o Barcelona. E o sábado, ás 19.00 h, o Deportivo Liceo volverá pugnar por Europa fronte ao Benfica.  Entre o 9 e 11 de abril, nove equipos (Liceo, Barcelona, Noia, Reus e os portugueses Sporting de Portugal, Porto, Benfica, Oliveirense e Barcelos) compiten polo título, coa ausencia de participación dos equipos franceses e italianos, repartidos en 3 grupos de 3 equipos. Os primeiros clasificados e o mellor segundo disputarán unha final a catro, dividida en 2 semifinais e 1 final (14 e 15 de maio).

O fútbol será tamén protagonista da oferta deportiva da Galega esta fin de semana. O sábado, ás 17.00 horas, achegarase o derbi ourensán entre o C. D. Arenteiro e o Polvorín na Terceira Galega.

Pola súa parte, o domingo pola mañá os medios públicos comezarán a xornada moi pendentes dos campos de Terceira, desde onde achegarán o C. D. Estradense – R. C. Deportivo Fabril (12.00 horas). No tempo de ‘A Liga das Cidades’ ofrecerase amais un carrusel, a partir das 17.00 horas, co Alondras C. F.- U. D. Somozas, o Rápido de Bouzas-Silva S. D. e o C. D. Choco- Rácing C. Vilalbés como protagonistas, e a maiores, ás 19.00 h, o Arousa S. C.-Bergantiños C. F.

Fuente Crtvg.es