A CRTVG amosa con ‘Adestra #NaCasa’ o traballo dos deportistas galegos durante o confinamento

0
7

Santiago, 17.04.2020.-    A través dos microespazos ‘Adestra #NaCasa‘, a CRTVG está a amosar estes días o traballo dos deportistas galegos de alto nivel durante o confinamento. Esta iniciativa xorde no marco do convenio entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a CRTVG “para o fomento do deporte base, feminino e alternativos” e consiste na emisión de pequenas pezas audiovisuais realizadas polos técnicos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e polos deportistas das distintas federacións, en que se amosan as pautas que seguen os deportistas para continuar a súa actividade.

O obxectivo é axudar a todos os profesionais do deporte neste período, así como optimizar os efectos positivos e minimizar os prexuízos da declaración do estado de alarma no eido deportivo e tamén enviarlle á poboación unha mensaxe de optimismo, animando a que todo o mundo se manteña activo durante o confinamento.

Para máis información, a web da Secretaría Xeral para o Deporte amosa en ‘Adestra #NaCasa’, un espazo dentro da páxina, os plans de traballo das federacións galegas de atletismo, bádminton, balonmán, fútbol, karate, judo, loita, natación, piragüismo, remo, tríatlon, ximnasia e vela, entre outros, e  tamén pautas psicolóxicas para non perder o ánimo e manter a concentración e consellos nutricionais para alimentarse correctamente.

Fuente Crtvg.es