A CRTVG emite esta fin de semana a semifinal da Supercopa de hóckey sobre patíns, entre Liceo e Reus, e mais a final

0
3

Santiago, 22.09.2023.- A CRTVG ofrece esta fin de semana unha variada oferta de deportes, con fútbol, hóckey e motocrós. Comezará o sábado coa semifinal da Supercopa de España de hóckey sobre patíns, en que se enfrontan o Deportivo Liceo e o Reus Deportiu Virginias. O equipo de Juan Copa opta por cuarta vez a facerse co trofeo, logo dos acadados en 2016, 2018 e 2021. O partido desde Reus emitirase en directo desde as 16:00 h, tanto pola G2 como pola web dos medios públicos.

O sábado á mesma hora, 16:00 h, a crtvg.gal ofrece o encontro de Segunda RFEF entre o Rácing C. Vilalvés e o C. Marino de Luanco, que tamén se poderá ver en diferido na G2 desde as 20:00 h.  Os galegos arrancaron a liga con bo pé, cunha vitoria no Requexón ante o Oviedo Vetusta e un empate co Real Avilés, un dos equipos máis fortes do grupo. Pola contra, o Marino Luanco chega ao encontro en zona vermella. 

Ás 18:00 h, os dous soportes, G2 e web da CRTVG, recollerán en directo o encontro Ourense-Covandoga, correspondente á cuarta xornada do Grupo I da Segunda Federación. Os galegos volven xogar na casa, onde obtiveron o seu único triunfo en que vai de competición e reciben uns asturianos sen vitorias. 

A xornada do domingo arrancará con fútbol en directo na web e a G2. Ás 12:00 h enfróntanse na Segunda RFEF Deportivo Fabril e Arandina C. F., nun encontro en que os galegos intentarán facerse co primeiro triunfo da temporada. Un pouco máis tarde, ás 12:30 h, volverá a OK Liga de hóckey sobre patíns á web da CRTVG, nesta xornada xa coa Final da Supercopa de España de hóckey, que se emitirá en diferido na G2 a partir 19:00 h e na que, dependendo do que pase o sábado, os coruñeses poderían estar competindo polo título.

A xornada de tarde do domingo arrancará en directo ás 15:00 h por ambas canles con motrocrós. En concreto, coa primeira manga do MXGP de Gran Bretaña. A segunda, poderá seguirse nos mesmos soportes desde as 18:00 h. Á última proba do Campionato do Mundo celébrase co galego Jorge Prado xa campión do mundo, logo de facerse co título do GP en Italia e tras liderar desde a primeira proba la categoría MXGP durante o campionato de 2023.

Para rematar a fin de semana d fútbol, ás 16:00 h, G2 e web ofrecerán en directo o encontro da 2ª RFEF entre o S. D. Compostela e o Zamora C. F. E

Ademais, como cada fin de semana, os programas ‘A Xornada en Xogo’ e ‘En Xogo’ ofrecerán un resumo de mellores momentos e anécdotas, a partir das 23:00 h, sábado e domingo, respectivamente.

Fuente Crtvg.es