A CRTVG participa na máxica cabalgata de Reis da Coruña, co Xabarín e Os Bolechas

0
4

Os personaxes do club infantil e xuvenil da Galega asisten cunha carroza colorida, que percorrerá as rúas máis céntricas da cidade
 

A CRTVG participa na máxica cabalgata de Reis da Coruña, co Xabarín e Os Bolechas

Santiago, 01.01.2020.-  A CRTVG xa ten todo preparado para participar na cabalgata de Reis da cidade da Coruña, xunto con algúns dos personaxes máis queridos do club infantil e xuvenil da Galega.

Nesta data, os medios públicos galegos acompañan ás súas maxestades de Oriente cun vistoso autobús, cuxo deseño deste ano está inspirado na Maxia, tema da cabalgata da cidade. Nel, será protagonista o rei dos porcos bravos, o Xabarín, e os divertidos Bolechas, acompañados de nenos e nenas, que compartirán caramelos e a súa ilusión cos rapaces da cidade.

O autobús está tamén decorado cos personaxes de animación das series que o ‘Xabarín Club’ ofrece cada día na programación da G2 e inclúe unha alusión a Radio Picariña, a primeira emisora dixital na historia da Radio Galega de música infantil e xuvenil en galego.   

Fuente Crtvg.es