A adxunta ao director xeral da CRTVG, Rosa Vilas, representou a Corporación nunha mesa redonda: ‘As televisións, plataformas para a consecución da igualdade e a erradicación da violencia de xénero’
Santiago, 18.11.2022.- Rosa Vilas, adxunta ao director xeral da CRTVG, participou este venres en Santiago no IV Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero ‘A igualdade e a violencia de xénero en tempos de guerra’, organizado pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG) coa colaboración da Xunta de Galicia.
Vilas interveu no coloquio ‘As televisións, plataformas para a consecución da igualdade e a erradicación da violencia de xénero’, xunto coas xornalistas Ana Lorenzo, de RTVE Galicia; Eva Vázquez, delegada de Atresmedia en Galicia, e Patricia Martínez, coordinadora da delegación en Galicia de Atlas (Telecinco-Cuatro). Entre outras cuestións, debateuse tamén sobre o papel da prensa dixital na visibilización dos puntos de vista femininos.
CRTVG recibiu este mes de novembro a acreditación que a recoñece como Empresa Igual en Xénero 2022. Este Indicador ARDAN é outorgado polo servizo de información empresarial desenvolvido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e que se publica anualmente. A entidade emisora salienta que a CRTVG se atopa entre o “4 % das máis de 35.000 empresas analizadas en Galicia que consegue superar os exixentes parámetros para obter estes recoñecementos”. A CRTVG repite en 2022 a distinción que xa acadara en 2020 e 2019 e 2021 como Empresa Igual en Xénero.
Fuente Crtvg.es