A CRTVG retransmite todos os encontros do Breogán na Basketball Champions League, na casa e fóra

0
2

Santiago, 26.09.2023.- A CRTVG ofrecerá en directo os encontros da Basketball Champions League (BCL) dos equipos galegos. Co Breogán de Lugo xa clasificado, a G2 recollerá os partidos dos lugueses na casa e fóra, que tamén poderán seguirse na web e a Radio Galega. Ademais, o Obradoiro enfróntase hoxe ao Mornar Bar de Macedonia nunha xornada histórica, co seu primeiro partido en competición europea, que retransmitará  A RG, ao igual que toda a fase clasificatoria do equipo compostelán.

O Río Breogán comezará a súa andaina na BCL o 18 de outubro como local, no Pazo dous Deportes de Lugo, ante o Bursaspor turco. Tanto a G2 como a web dos medios públicos retransmitirá o encontro desde ás 20:30 h. Seguidamente, os de Veljko Mrsic xogarán dous desprazamentos consecutivos, o 25 de outubro co Hapoel Holon israelí (18:00 h), mentres o 8 de novembro xogarán na cancha do campión do torneo europeo, o Telekom Bonn ás 20:00 h.

A segunda volta comezará para o conxunto breoganista en Lugo ante o Hapoel Holon, o 22 de novembro, ás 20:30 h. O 6 de decembro (18:00 h) visitará ao Bursasport e finalizará na primeira fase no Pazo de Deportes de Lugo ante o Telekom, o 20 de decembro, nun encontro que a G2 e a web da CRTVG cubrirán desde as 20:00 h.

Pola súa banda, as 20:30 h, RG e as plataformas dixitais radiogalega.gal e g24.gal/deportes cubrirán a fase previa da competición europea, co primeiro partido do Monbus Obradoiro desde Turquía. O rival é o Mornar Bar de Macedonia, un modesto equipo que representa a unha vila duns catorce mil habitantes, pero que xa ten experiencia en torneos continentais. O encontro correspondente aos cuartos de final da previa da Champions. Porén, para acceder á fase final, os composteláns terán que superar dúas eliminatorias máis, que se celebrarán o xoves e o sábado desta mesma semana tamén na cancha de Antalya. O equipo que dirixe Moncho Fernández pelexará con outros 23 clubes para entrar nunha competición para a que xa se clasificaron ademais do Breogán, outros tres representantes da Liga Endesa: Tenerife, Unicaja e UCAM Murcia.

A RG manterá a cobertura do Obradoiro nos partidos clasificatorios que dispute e tamén retransmitirá todos os encontros do Breogán, na casa e fóra. 

Fuente Crtvg.es