A CRTVG retransmitirá o Rácing de Ferrol-Palencia este mércores a través da web

0
219

Santiago,14.03.2017.-   A web da CRTVG ofrecerá en directo o encontro Rácing de Ferrol – Palencia da Segunda División B de fútbol que se disputa este mércores a partir das 20.00 h. na Malata. O xornalista Roberto Prado comentará o partido coa colaboración do ex-xogador do club ferrolán e agora coordinador de fútbol base da entidade, Manuel Fernández Anidos.

O partido, correspondente á vixésimo cuarta xornadas da Liga, fora adiado a comezos de febreiro polos estragos causados polo temporal nas instalacións da Malata. O equipo de Miguel Ángel Tena buscará enlazar unha nova vitoria tras impoñerse a pasada xornada ao Lealtad, no que será o primeiro encontro con José María Criado como presidente do club.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here