A CRTVG suxire cada día aos galegos unha serie distinta, desde o seu catálogo enserie.gal

0
6

Cada tarde, a Corporación convida á audiencia a ver un título diferente, dentro do proxecto ‘Corentena en galego’

En enserie.gal atópanse as producións máis coñecidas da TVG como ‘Pratos combinados’, ‘A vida por diante’, ‘Mareas vivas’, ou máis recentes como ‘A estiba’, que xa está dispoñible enteira na web, entre moitas outras

A CRTVG suxire cada día aos galegos unha serie distinta, desde o seu catálogo enserie.gal

Santiago, 20.03.2020.- A Corporación Radio e Televisión de Galicia comezou esta semana a convidar os galegos a pasar a ‘Corentena en galego‘, nun proxecto nas redes sociais co que se vai propoñer cada día unha serie en galego das que a TVG ten a disposición do público no seu catálogo de series enserie.gal.

Cada tarde, desde ‘Corentena en galego’ promoverase tamén a interacción dos usuarios a través das redes sociais: en ‘Televisión de Galicia‘ en Facebook, e @tvgalicia en Twitter e Instagram. Ademais, en Facebok e Twitter publicaranse vídeos a modo de tráileres, e coa ligazón á web da CRTVG ou ao catálogo de series enserie.gal. Nas ‘stories’ de Instagram realizaranse enquisas para dialogar co público sobre as series máis coñecidas da TVG como ‘Pratos combinados’, ‘A vida por diante’, ‘Mareas vivas’, ou máis recentes como ‘A estiba’, que xa está dispoñible enteira na web.

O obxectivo desta idea é conseguir que a audiencia poida recuperar contidos en galego, éxitos no seu momento da canle pública, que agora poden verse outra vez desde este catálogo en liña. Para coñecer ‘Corentena en galego’, a CRTVG anima a todos os galegos a seguir a ‘Televisión de Galicia‘ en Facebook, e a @tvgalicia en Twitter e Instagram.

Fuente Crtvg.es