A D.O. Ribeiro concede este martes a 'O Agro' e 'Labranza' o Premio á Mellor Tarefa de Comunicación

0
9

Santiago, 17.06.2019.- Os espazos ‘Labranza’ e ‘O Agro’ da CRTVG recibirán mañá o Premio Á Mellor Tarefa da Comunicación na gala da oitava edición dos galardóns Denominación de Orixe Ribeiro, que terá lugar no mosteiro ourensán de San Clodio. No transcurso do evento, recoñeceranse, amais, os mellores viños brancos e tintos da D. O. máis antiga de Galicia e se concederá o Premio de Honra a Paradores.

‘Labranza’ e ‘O Agro’ son os programas da Televisión de Galicia especializados en información agraria. Con máis de 27 anos de emisión ininterrompida e máis de 1.500 edicións semanais, ‘Labranza’ é o decano a nivel estatal dos programas sobre o sector. Os seus contidos abranguen a divulgación dos distintos sectores produtivos do agro galego, desde o leite á viticultura, cun especial interese nas iniciativas que buscan revitalizar o medio rural en Galicia. Pola súa parte, ‘O Agro’ é un espazo diario que achega as novas de actualidade nun formato máis breve. O Ribeiro, os seus viños e os seus profesionais apareceron nestes programas dun xeito destacado desde a súa orixe.

Na concesión deste premio, o Consello Regulador destacou “o esforzo do equipo que dirixe Manuel Cruz por informar tanto das novidades como da situación global do mundo agroalimentario e fai extensible o premio ao conxunto da CRTVG, polo seu servizo”.

Na foto superior, Manuel Cruz, responsable de ‘Labranza’ e ‘O Agro’.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here