A década prodixiosa, protagonista no segundo programa de ‘100 anos de verbena galega’

0
10

Conducido por Sara Rodríguez, e na compaña da orquestra La Ocaband, o espazo fará un percorrido pola música de orquestra nos anos 70

A década prodixiosa, protagonista no segundo programa de '100 anos de verbena galega'

Santiago, 13.08.2021.-  O programa ‘100 anos de verbena galega’ (21.55 h) afondará esta noite na década prodixiosa da nosa verbena, os tan queridos anos 70, nunha proposta chea de música, historia e espectáculo perfecta para estes días de verán.
    
Conducido pola presentadora Sara Rodríguez e na compaña da orquestra La Ocaband, o programa desta noite fará un percorrido polos mellores anos destas formacións musicais, achegándose ás figuras de Ana Kiro, a orquestra América ou Los Duendes de Vilagarcía, e contando coa presenza de grandes artistas da época como Marieta ou Alvar.

‘100 anos da verbena galega’ viaxará neste segundo capítulo por unha época en que triunfaban Los Satélites, Sintonía, París de Noia… infinidade de orquestras e grupos que fixeron saltar o público con temas de Los Tamara, dos Beatles e de Supertramp, que fixeron cantar as grandes cancións de Eurovisión como ‘Waterloo’ ou ‘Enséñame a cantar’ e que fixeron bailar temas como ‘Un raio de Sol’ ou ‘Eva María’.

Fuente Crtvg.es