A emoción das traiñeiras volve este sábado e domingo aos medios públicos galegos

0
5

Santiago, 09.07.2021.-    As traiñeiras serán esta fin de semana as protagonistas absolutas da programación deportiva da G2, onde a semana pasada comezou unha nova temporada da Liga Euskotren e da Liga Eusko Label coa disputa da Bandeira da Coruña, unha regata que gañaron Orio e Santurtzi nas categorías feminina e masculina respectivamente.

A primeira cita será o sábado ás 17.30 h, cando dará comezo a Bandeira Donostiarra na categoría feminina. A continuación, ás 18.00 h, será o momento dos homes. Esta regata anual de remo celébrase desde 2008 nas augas da Bahía da Concha, organizada polo Club Donostiarra de San Sebastián. Ten o esquema clásico, consistente en catro longos e tres ciabogas.

Ao día seguinte, as traiñeiras comezarán ás 11.30 h, coa disputa na localidade vasca de Zierbena da Bandeira Edinor, correspondente á Liga Euskotren. Ás 12.00 h comezará a Bandeira Petronor, valedoira para a Liga Eusko Label, unha das probas máis tradicionais do calendario de regatas, cun percorrido de 5.500 metros que consta de catro longos e tres ciabogas.

Fuente Crtvg.es