A Festa do Carneiro ao Espeto e a Romaría de Santa Marta de Ribarteme, citas destacadas hoxe no ‘É hora de festa’

0
30

O programa amosará como gozaron os asistentes do día grande da festa gastronómica de Moraña e a polémica primeira edición nas Neves sen a tradicional procesión dos cadaleitos

A Festa do Carneiro ao Espeto e a Romaría de Santa Marta de Ribarteme, citas destacadas hoxe no 'É hora de festa'

Santiago, 3.8.2022.-   O programa ‘É hora de festa’ (23.10 horas) dará conta esta noite de dúas celebracións multitudinarias e destacadas esta fin de semana pasada en Galicia: a Romaría de Santa Marta de Ribarteme e a Festa do Carneiro ao Espeto.
 
O concello de Moraña festexou o domingo o día grande da súa LIII Festa do Carneiro ao Espeto, declarada de Interese Turístico de Galicia. Ademais do tradicional banquete na carballeira de Santa Lucía, o programa incluíu as actuacións do grupo Milladoiro e a orquestra París de Noia. Numerosas actividades lúdico-culturais fixeron as delicias de nenos e maiores.

Por outra parte, como cada 29 de xullo, a localidade pontevedresa das Neves viviu a Romaría de Santa Marta de Ribarteme, unha festa centenaria cuxo principal reclamo é a procesión dos cadaleitos. Nesta edición, o párroco decidiu, co apoio da diocese, non sacar os féretros na tradicional procesión, algo que indignou moito os veciños da localidade. A A.C. Rubiós e a orquestra Gran Parada foron os encargados de poñer a nota musical a este día de festa envolvido en polémica.

Fuente Crtvg.es