A figura de Miguel de Cervantes, o escritor español máis universal, será protagonista hoxe en ‘O compás do tempo’

0
7

Santiago, 16.11.2021.- A segunda canle da Galega ofrece este martes un novo capítulo da serie documental ‘O compás do tempo’ (23.25 h), unha ruta cultural e de ocio para descubrir a arte, a historia e o patrimonio de Galicia e de España, que cada semana presenta unha viaxe ao futuro dun personaxe nunha determinada época na busca do seu verdadeiro fogar.

Nesta ocasión, os espectadores da G2 verán como un misterioso home aparece vestido de época. Asegura ser o mesmísimo Miguel de Cervantes. Está perdido e necesita atopar o seu verdadeiro fogar, para o que terá que dar cun compás máxico. Raúl vaino axudar na súa aventura, aínda que non acaba de crelo, pero… quen sabe se é o verdadeiro Cervantes.

Todo o mundo sabe da magnífica obra do noso escritor máis universal, pero ás veces esquécese que estivo preso en Sevilla ou as súas andanzas en Toledo, Madrid, Alcalá ou Valladolid. E, aínda que en Galicia é máis coñecido, fóra de aquí poucos saben que existe unha localidade que se chama Cervantes. É máis, como amosará hoxe ‘O compás do tempo’, algúns autores sitúan alí a orixe da súa linaxe.

Fuente Crtvg.es