A final polo ascenso á ACB, a Copa de hóckey e o fútbol da Terceira, no ‘Galicia en Goles’

0
8

Santiago, 10.06.2021.- A xornada deportiva da fin de semana comeza o venres na Radio Galega ás oito e media da tarde co segundo partido da fase de permanencia entre o Burela e El Ejido, desde o pavillón de Vista Alegre. Tras gañar na pista andaluza o sábado pasado, o cadro da Mariña está a unha vitoria de continuar na Primeira División do fútbol sala masculino. Mesmo perdendo, tería una última oportunidade o domingo ao mediodía, de novo na súa cancha.

O sábado, o Burela feminino tamén será protagonista no ‘Galicia en goles’ desde as 3 da tarde co encontro fronte ao Roldán nas semifinais pola Liga feminina, que se desenvolven en Torrexón de Ardoz durante a fin de semana. Logo chegará a final de baloncesto entre o Granada e o Breogán, xunto aos encontros da Terceira, un pola permanencia en Ourense, Ourense C. F.-Arzúa, e outro polo ascenso á Segunda RFEF en Vilagarcía, Arousa-Estradense. As semifinais da Copa de hóckey completan a oferta de retransmisións do día.

O domingo, ‘Galicia en goles’ comeza ás 12 do mediodía e fará sesión continúa ata as 11 da noite. A final da Copa de hóckey a patíns, o partido de ascenso á Segunda feminina Victoria da Coruña- Betis B e o Deportivo-As Palmas da Copa de Campións xuvenil son os argumentos da mañá. Pola tarde, a Terceira será a protagonista con partidos chave pola permanencia en Ourense e no Barco, mentres o Lugo B e o Somozas xogarán por unha praza na final de ascenso á Segunda RFEF.

Durante a fin de semana, outros espazos de temática deportiva serán protagonistas na grella da Radio Galega. O sábado, á 1 do mediodía, Alfonso Pardo visita o concello de Oímbra, para poñer en valor as rutas patrimoniais, no programa ‘Convivir deportivo’. Pola noite, Rodrigo Pérez actualiza a información do motor no ‘Gas a fondo’ ata as once e media, hora na que Toni López entrevista no ‘Galicia en Toquio’ a máis deportistas galegos que van competir nos Xogos Olímpicos. Xa o domingo, a última hora do día é para a mesa de debate de ‘Ao contraataque’.

Fuente Crtvg.es