A folga no porto de Ardora deixa sen o seu negocio a César, esta noite en ‘A Estiba’

0
7

Santiago, 01.12.2019.-    No capítulo desta semana da ‘A Estiba’, once meses despois da morte de Emilio Fortes, o porto de Ardora está en folga. Castor e César aliáronse para meterlle presión a Marcos. Non queren que o alcalde siga adiante co plan para reconverter o porto comercial nun porto turístico. A negociación entre o concello e os estibadores non chega a un acordo e desátase a guerra.

As folgas son caras e a caixa común está baleira, polo que César ten que conseguir cartos. O porto paralizado deixouno sen o seu negocio ilícito e intenta recorrer a Covas, pero cando ve a súa actitude desiste. Porén, a Antón parécelle unha boa opción e decide roubarlle os cartos ao narco. Pero nin Castor nin César aceptan ese diñeiro e obrigan a Antón a devolvelo. Malia o roubo, Covas admira a determinación do rapaz e proponlle en segredo traballar para el.

As Fortes tampouco pasan por un bo momento. A morte de Emilio marcounas: perderon a súa posición e poden perder a casa, algo que tamén lle afecta a Mercedes, que ten que arrimar o ombreiro. Pero é incapaz. Non quere deixar de ser quen é ata que Miguel lle fai ver o seu egoísmo.

Pola súa parte, Rosalía non atopa traballo e non acepta a oferta laboral de Marcos. No que respecta a César, non o poder ver diante. Mentres, Cruz refúxiase no seu traballo e na bebida. Manuela está preocupada por ela, porque se expón demasiado e vai por libre.

Na comisaría, destaca a incorporación de Estela coma nova axente. A súa nova posición choca co seu pai, inmerso na folga, e con Antón, pero tampouco ten moita marxe de actuación. Máis alá da folga, Manuela ten que loitar con Sofía, unha implacable axente de asuntos internos disposta a buscar calquera indicio de corrupción na familia Fortes.

Fuente Crtvg.es