A fusión de estilos de Huecco e a música tradicional de Tanxugueiras, protagonistas no ‘Bamboleo’ deste sábado

0
9

Santiago, 25.01.2020.-    O espectáculo e o entretemento familiar chegan, un sábado máis, ao programa ‘Bamboleo’, que hoxe contará coa presenza de Huecco, cantante que fusiona e mestura unha gran cantidade de xéneros e estilos musicais. Nas súas cancións aprécianse toques e influencias que van desde o rock ata a rumba, pasando polo pop, o mambo, o ska ou o hip-hop.

Ademais, os espectadores da TVG gozarán coa proposta de Tanxugueiras, que chegaron para revolucionar o panorama da música tradicional galega coas súas voces potentes e a súa actitude rebelde. O seu repertorio, coidadosamente escollido, conecta a tradición ibérica co maxín atlántico e os cheiros de ultramar.

Como é habitual, o espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro seguirá ofrecendo as actuacións das mellores orquestras do momento, coa visita esta noite da formación Ciclomanía.

No escenario tamén estarán Mirian Romero, interpretando ‘Puedes contar conmigo’, de La Oreja de Van Gogh, e Nancy Fernández, co tema ‘No te creas tan importante’ de Tuesca, para competir ambos os dous no ‘Agora ou Nunca’.

Ademais, coma sempre, ‘Bamboleo’ ofrecerá as seccións ‘A ITV do amor’, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; ‘A Jrileira’, en que Noelia e Nolo competirán no karaoke coa canción ‘Como un vagabundo’, de Bertín Osborne, e ‘Dirtidansi’, en que participará a parella formada por Li Nuno e Nagyla.

Fuente Crtvg.es