A G2 achega esta fin de semana senllas citas do Deportivo e Rácing na recta final da liga de bronce do fútbol

0
13

Santiago, 13.5.2022.-  Nova fin de semana deportiva nos medios públicos galegos, coa transmisión pola G2, en directo, de dúas das citas destacadas do fútbol galego, as que protagonizarán Deportivo e Rácing de Ferrol, correspondentes á trixésima xornada da 1ª RFEF. Cómpre salientar, amais, a transmisión do MXGP de Sardeña de motocrós.  

Na recta final da liga de bronce do fútbol, cando faltan tres xornadas para o remate, o conxunto branco e azul, que este sábado se enfronta ao C. D. Tudelano, ás 17:00 horas, volve tras a parada coa intención de asegurar a segunda praza e chegar así ao playoff coas pilas cargadas.

Pola súa parte, ‘A liga das cidades’ ofrecerá o domingo, ás 17:00 horas, o encontro que disputará o Rácing Ferrol contra o Ath. Bilbao B. O Rácing, un dos mellores da División, está asinando unha segunda volta sensacional, que intentará ratificar fronte aos cachorros de San Mamés.

O fútbol de 2ª RFEF e o motocrós destacan tamén na xornada do domingo. A oferta futbolística comezará ás 12:00 horas, coa emisión simultánea de Coruxo F. C.–Ximnástica Segoviana e Arousa S. C.–Bergantiños C. F.  (G2 e G24.gal).

Os afeccionados ao motor gozarán pola G2 e G24.gal do MXGP de Sardeña, o oitavo gran premio do Campionato do Mundo de Motocrós. A primeira rolda achegarase ás 14:00 h e a segunda, ás 17:00 h (ás 19:00 h, G2). O Mundial, que continúa en Italia, ofrece unha nova oportunidade aos pilotos galegos de derrotar o líder.  

Finalmente, tamén se poderá ver pola G2, novos partidos de fútbol da France Ligue 1, o Stade Rennes F. C.-Olympique Marsella (sábado, 21:00 h), e da Primeira Liga portuguesa, o que enfrontará o F. C. Porto co G. D. Estoril Praia (domingo, 20:00 h, en diferido) na última xornada da competición lusa, dominada polo Porto con autoridade.

Fuente Crtvg.es