A G2 estrea este martes o documental ‘Envellecer na casa’, gañador do Premio Circom 2021

0
29

Esta produción de France 3 ofrece un fermoso, emotivo e íntimo retrato das persoas maiores que aínda viven no seu fogar, amosando as súas rutinas e dificultades (23.25 h)

A G2 estrea este martes o documental ‘Envellecer na casa’, gañador do Premio Circom 2021

Santiago, 19.4.2022.-   Na estrea documental da G2 esta semana, os espectadores poderán ver esta noite ‘Envellecer na casa’ (‘Aging at home’), unha produción da canle France 3 que conseguiu o Premio CIRCOM 2021 ao mellor documental.

‘Envellecer na casa’ ofrece un fermoso, emotivo e íntimo retrato das persoas maiores que aínda viven na súa casa, que amosa a complexidade e as dificultades do envellecemento. Con este documental, os espectadores teñen unha rara oportunidade de seguir moi de preto as rutinas diarias das persoas xubiladas e acadar así un auténtico coñecemento da súa vida cotiá.

Fuente Crtvg.es