A G2 estrea este martes o documental ‘Gallo’, que reflexiona sobre o que significa vivir con cegueira

0
9

Baixo a dirección de Antonio Díaz, amosa como as persoas con discapacidade poden enfrontarse a calquera reto que se propoñan

A G2 estrea este martes o documental 'Gallo', que reflexiona sobre o que significa vivir con cegueira

Santiago, 06.04.2021.-     A segunda canle da Galega estrea este martes, dentro de ‘A noite da descuberta’, o documental ‘Gallo’ (23.25 h), unha peza que reflexiona sobre o que significa vivir con cegueira e amosa como as persoas con discapacidade poden enfrontarse a calquera reto que se propoñan.

O filme conta a historia de Aitor Francesena, ‘Gallo’, quen perdeu a vista con 39 anos nun fatídico accidente mentres practicaba surf e, lonxe de darse por vencido, volveu surfear e no ano 2016 logrou ser campión do mundo de surf adaptado. A produción de Frida Films e Marmoka Films afonda na preparación física e mental do protagonista, así como na súa vitoria fronte ás dúbidas e medos por volver a revivir o accidente polo que perdeu a visión.

Baixo a dirección de Antonio Díaz Huerta, ‘Gallo’ é un documental que xoga co atractivo do surf, o mar e as súas paisaxes, ademais de abordar as relacións interpersoais entre as personaxes e o valor da amizade.

Fuente Crtvg.es