A Galega, líder de audiencia neste Nadal en informativos e entretemento

0
6

Santiago, 26.12.2019.-   A TVG foi a canle elixida maioritariamente polos galegos nesta Noiteboa e no día de Nadal. Así, na xornada de Noiteboa, a Televisión de Galicia contou cunha cota media de 12,6%, mentres que na faixa do prime time a cota chegou a un 17,9%. O día de Nadal, a Galega acadou unha cota do 10,7% e foi a canle autonómica máis vista da rede de FORTA.

O día 24, o ‘Telexornal Mediodía’ foi o programa de maior audiencia da xornada cunha cota de pantalla do 21,8%. Pola noite, o ‘Land Rober Tunai Show Especial Noiteboa’ foi o máis visto do prime time, cun 20,5% e o minuto de ouro da xornada, cando ás 22.25 h concentrou 203.000 telespectadores e acadou unha cota do 26,2%.

5 dos 10 programas máis vistos en Nadal, con protagonismo dos informativos

Segundo datos de Kantar Media, a empresa que elabora os informes diarios de audiencias, a TVG fíxose o día 25 cos 5 primeiros programas dos 10 máis vistos da xornada: ‘Telexornal Mediodía 15.00’, ‘Telexornal Mediodía 14.30’, ‘Telexornal Serán 21.00’, ‘Galicia Noticias’ e ‘Telexornal Serán’.

A TVG rematará de novo o ano por riba da media de FORTA e como a segunda canle autonómica máis vista, só por detrás de TV3.

Fuente Crtvg.es