A gran Pastora Soler, unha das voces máis potentes e recoñecibles da música española, presentará esta noite o seu novo disco en ‘Bamboleo’

0
19

Santiago, 14.01.2023.-     ‘Bamboleo’ recibe hoxe a visita dunha convidada excepcional: a gran Pastora Soler, Medalla de Andalucía e finalista dos premios Grammy Latino, que conta cunha longa lista de éxitos nos seus case 30 anos de carreira discográfica. ‘Libra’ é o novo disco dunha das voces máis potentes e recoñecibles da música española, que presentará no programa novos temas que forman parte deste último traballo, títulos como ‘Que hablen de mí’, ‘Lo que siempre me callé’ ou ‘Rascacielos’.

O programa que conduce Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá o cantante e compositor Germán Prieto, que compaxina a súa faceta musical co seu labor de avogado e nos últimos tempos decidiu dar un paso á fronte para lanzarse como cantante e compositor cun novo disco: ‘Salto al vacío’.

A música da verbena galega estará representada nas actuacións da orquestra M-3 Show, e a parella de baile deportivo especializada en latinos, formada por David e Silvia, realizará exhibicións de jive e rumba.

No ‘Agora ou Nunca’ participarán Joanna Rincones, ‘A China’, cantando ‘En carne viva’, de Scarlet Linares, e José Manuel Couñago, entoando ‘¿Y cómo es él?’ na versión de Marc Anthony.

A sección ‘A Jrileira’ recibirá a Comisión de Festas de Sar do Concello de Santiago de Compostela e a Asociación Cultural e Recreativa de San Félix de Afóra, tamén de Compostela, para cantar ‘Corazón latino’, de David Bisbal, e adiviñar intérpretes.
     
Finalmente, ‘A ITV do Amor’ porá a proba a capacidade de improvisación dunha parella de namorados, axudados por dous colegas, que queren levar un fantástico premio. O xogo máis picante do programa conta coa participación dos colaboradores do programa: Isi, Damián, Javier Varela e Tamara, aos que non lles escapa unha.

Fuente Crtvg.es