A Liga Asobal e os ‘playoff’ das Ligas ACT de traiñeiras, esta fin de semana, na G2

0
7

Santiago, 19.09.2020.- Esta fin de semana, os afeccionados e afeccionadas ao deporte estarán acompañados pola G2, que ofrecerá, en directo, o partido da Liga Asobal Cisne – Fertiberia BM Puerto Sagunto e os ‘playoff’ da liga masculina e feminina de traiñeiras. 

O sábado, a partir das 16:30 horas, o Cisne recibirá no pavillón municipal de deportes de Pontevedra o Fertiberia BM Puerto Sagunto, nun encontro correspondente á quinta xornada da Liga Asobal de balonmán. Os locais acaban de gañar a domicilio ante o Cangas Frigoríficos do Morrazo, por 26-33. Pola súa parte, Puerto Sagunto conseguiu un punto na casa, ante o BM Benidorm, empatando a 24. 

A seguinte cita deportiva comeza ás 18:15 horas, cos ‘playoff’ en Bermeo da Liga Euskotren de traiñeiras, en que as embarcacións femininas de Hondarribia, Tolosaldea, Hibaika e Cabo se disputarán o ascenso ou a permanencia na máxima categoría do remo. A partir das 18:40 h, será a quenda da fase da Eusko Label Liga, disputada por Zarautz, Pedreña, San Pedro, Tirán e Samertolameu; os dous últimos son a representación galega da fase de ascenso masculina. 

A segunda xornada dos ‘playoff’ comezará o domingo ás 11:40 horas na ría do Nervión, á altura de Portugalete, coa regata das embarcacións femininas, e ás 12:00 horas continuarán as traiñeiras masculinas.

Fuente Crtvg.es